A Xunta Electoral abre un expediente sancionador a Núñez Feijóo e Diego Calvo

1 minutes read
  • O presidente da Xunta e do PP coruñés están expedientados por pedir expresamente o voto para o alcalde de Ribeira antes do inicio da campaña

A Xunta Electoral de Zona Noia incoou un expediente sancionador para o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente popular da provincia da Coruña, Diego calvo, por pedir expresamente o voto para o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, antes do inicio da campaña das eleccións xerais.

A denuncia foi formulada polo BNG que achegou o vídeo do acto do PP do pasado 11 de marzo. No escrito recolle as palabras que se acollen á infracción: “Só hai unha maneira para que Manolo e o PP gobernen Ribeira, Sabedes cal é? Votando Partido Popular” e tamén sinalan a frase “eu veño pedir o voto aquí para Galicia, para a liberdade, para a tolerancia, para España e veño pedir o voto para un español que se chama Pablo Casado e por iso dígovos, vaiamos votar”.

Por esta infracción, tanto Núñez Feijóo como Calvo se expoñen a unha multa de entre 300 e 600 euros.+nostv.gal