A Xunta Electoral sanciona a TV3 por partida dobre


A Xunta Electoral sinala a TV3. Se a provincial de Barcelona prohibiu este mércores aos medios da Generalitat o uso de expresións como “exilio” ou “presos políticos”, este xoves a Xunta Electoral Central pediu sancionar a TV3 pola cobertura da manifestación de independentistas en Madrid o pasado 16 de marzo. Ambas as resolucións son en resposta a petición de Ciudadanos. Para a Xunta Electoral provincial de Barcelona, expresións como exilio, presos políticos ou xuízo da represión vulneran a “neutralidade informativa”.

A resolución asegura que este tipo de expresións identifícanse coas “mensaxes electorais de determinadas opcións políticas”. En concreto, o organismo acorda que os medios públicos deben “absterse de levar a cabo prácticas informativas que se aparten inxustificadamente da vixente legalidade”, ao considerar que pode existir “prexuízo da neutralidade informativa”.