A Xunta establece sancións de ata 15.000 euros por agresións ao profesorado

1 minutes read

Segundo o novo marco de convivencia nos centros educativos a Xunta de Galicia establecerá sancións de ata 15.000 euros por agresións a profesores e profesoras, que se canalizarán a través dunha nova Oficina de Apoio ao Profesorado en que tamén se analizará se procede denunciar os casos ante a Xustiza. Para canalizar as sancións da nova normativa crearase unha Oficina de Apoio ao Profesorado, na que os docentes tamén recibirán asesoramento xurídico, acompañamento en caso de poñer unha denuncia e apoio psicolóxico, se é preciso. Ademais, reforzarase a finalidade educativa das sancións, para o que se fará fincapé en que o alumnado acepte as consecuencias e repare o ano causado; e crearase unha categoría intermedia entre as condutas leves e moi graves.