A Xunta garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o necesite

1 minutes read

Así o fixo saber o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen explicou que esta semana se enviarán aos centros educativos os fondos da Reserva de Garantía Educativa, dotado con 7 millóns de euros, co que se amplía a partida total de gastos ordinarios dos centros que ascende a 23,5 millóns de euros (un 42% máis ca o inicialmente previsto). Con esta dotación orzamentaria, os centros poderán adquirir material vencellado á prevención do risco sanitario e á loita contra a covid-19, como máscaras hixiénicas reutilizables para o alumnado, pantallas faciais ou xel hidroalcohólico, entre outros.

Declaracións do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Tamén se adiantou que se está tramitando a segunda compra de máscaras hixiénicas para o profesorado, que será repartida nas próximas semanas, e que permitirá cubrir todas as necesidades dos docentes ata finais de curso. Neste momento, logo do primeiro envío realizado a principios de curso, a Consellería dispón de stock suficiente para atender as demandas puntuais que trasladen os centros educativos.