A Xunta introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde máis

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou a licitación dun contrato por valor de 1,5 millóns de euros para introducir enerxías renovables en 14 centros de saúde de Galicia.

En concreto, máis de 160.000 euros para achegar enerxía térmica mediante biomasa ao centro de saúde de Teis; 143.000 euros para poñer en marcha un sistema de aerotermia no centro de saúde de Coia; e 135.000 e 100.000 euros para dotar de caldeiras de biomasa aos centros de saúde de Cangas e Mondariz, respectivamente.

Este contrato materialízase a través dun acordo entre o Sergas e o INEGA, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2030 a integración de enerxías renovables en edificios públicos e facilita o seu cofinanciamento polo programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro da súa actuación de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na administración xeral da comunidade autónoma e no sector publico autonómico.