A Xunta levanta as restricións en Carballo, A Laracha, Laxe e Ponteceso

0 minutes read

A Xunta decidiu este mércores levantar as restricións nos municipios de Carballo, A Laracha, Ponteceso e Laxe, segundo as conclusións do comité clínico. “Na área da Coruña estase a constatar unha tendencia estable”, indicou o novo conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña. “É unha mostra de que as restricións funcionan” e que “en pouco tempo os valores volven a niveis  de normalidade”, explicou o conselleiro, referíndose ao concello de Ponteceso, con medidas dende hai pouco tempo.