A actuación obxecto de contratación, por un importe de 348.516 euros, ten como obxectivo a construción dun itinerario peonil na estrada AC-419, no treito que vai desde o punto quilométrico 2,990 ata o 3,350.
Executaranse unha senda peonil pola marxe esquerda da travesía, unha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e un reforzo da sinalización existente.
Estas intervencións pretenden mellorar a seguridade viaria na zona de circulación, dar continuidade ao itinerario peonil existente e executar pasos de peóns seguros.
As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de xullo.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, e o Concello de Ponteceso aportará o investimento restante.