Desde a Xunta Local en Cee da Asociación Española contra o Cancro (AECC), preparan unha iniciativa solidaria que organizan co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro e reunir á comunidade nun acto de compromiso e esperanza.
V Xantar Solidario a favor da AECC en Cee
Data: Sábado 4 de outubro
Hora: 14:00 h
Lugar: Pavillón deportivo municipal de Cee
Comida a cargo de: Casa Taboada
Prezo por persoa: 40 euros
Puntos de venda de entradas:
– Centro Social de Cee
– Panadería As Travesas (posto no Centro Comercial de Cee)
– Tamén poden reservarse a través dos teléfonos indicados no cartel da Xunta Local
As entradas son numeradas e asignan asento, polo que se recomenda adquirilas conxuntamente en caso de querer compartir mesa con familiares ou amizades.