32
Os prezos manteranse en todos os treitos para os vehículos lixeiros. Tamén será así para os vehículos pesados de tipo 1, agás no treito Paiosaco-A Laracha, que baixa 5 céntimos. Baixan, tamén, 5 céntimos, os prezos de 5 dos treitos da autoestrada para os vehículos pesados de tipo 2, mentres que o resto seguirá como ata agora.
Durante o ano 2021, a Xunta seguirá a aplicar o réxime de bonificacións de peaxe que se vén aplicando tanto para usuarios frecuentes, que realizan a viaxe de ida e volta no mesmo día, como para os que realizan as viaxes en horario nocturno.
Ademais, en 2021 comezarán a aplicarse bonificacións a usuarios que pertenzan a familias numerosas.