O Goberno galego agarda que se materialice o acordo de colaboración co Ministerio do Interior para completar a plantilla da Policía Autonómica, pero descoñece se houbo avances ao respecto máis alá das declaracións en Santiago de Compostela do ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, anunciando que estaba a piques de pecharse pero sen concretar cantas prazas se van cubrir. Segundo a Xunta, a plantilla da Policía Autonómica atópase ao 73% e, polo tanto, cun déficit de efectivos dispoñibles dun 26,6% con 367 efectivos respecto dos 500 postos do catálogo de persoal cos que debía de contar a Unidade. Engade que a limitación dos efectivos repercute negativamente na prestación dos servicios que no marco das súas competencias desenvolve en toda a comunidade, sobre todo co aumento da afluencia de peregrinos que camiñan a Galicia neste Ano Santo Dobre do que xa transcurríu ano e medio. Ademais das súas funcións habituais en materia de seguridade, a Policía Autonómica encárgase de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do patrimonio cultural, a prevención e investigación de incendios, a loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal, a protección de menores e de vítimas de violencia de xénero, ou a vixilancia das rutas do Camiño de Santiago e a atención ao peregrinos.
21