A Xunta presentará en Suíza a estratexia Galicia Retorna

1 minutes read

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará esta fin de semana en Suíza, o cuarto país do mundo con máis poboación galega, 41.300 persoas, a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26, aprobada o pasado 15 de decembro. A Xunta inicia así a campaña de difusión deste documento en Europa, onde residen preto de 114.000 galegos. Ao país alpino viaxarán tamén representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de xestionar o novidoso programa Retorna Cualifica Emprego.

O documento duplica tanto en medidas como en orzamento ao anterior, aprobado en 2018 e que “marcou un punto de inflexión nas políticas de retorno levadas a cabo en España ata o momento”, segundo sinalou Miranda. O secretario xeral da Emigración presentará a Estratexia Galicia Retorna 2023-26 o venres 24 ás 19 horas, da man da asociación “A Nosa Galiza de Xenebra”, na Brasserie Arcoop; e o sábado 25 ás 17 horas, en colaboración coa asociación cultural “As Xeitosiñas” de Zurich, na súa sede situada na rúa Zürcherstrasse.

Emigración comeza así en Suíza a ruta polos países europeos con maior presenza de galegos residentes. Este país é o que conta con maior colectividade en Europa, con 41.300 galegos, sendo o cuarto do mundo, despois da Arxentina, O Brasil e Cuba.

Partindo da idea do retorno non só como un dereito, senón como unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega persoas de distintos países coa súa formación e experiencia profesional, a Estratexia Galicia Retorna ten como obxectivo facilitar o regreso de 30.000 retornados nos próximos 4 anos, tanto emigrantes como os seus descendentes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?