O Entroido galego recoñecido como Ben de Interese Cultural

1 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, informou de que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana a incoación do expediente para outorgar esta distinción, na categoría de patrimonio inmaterial, a unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia.

Así o avanzou nunha reunión no Museo do Entroido, en Xinzo de Limia, con representantes de varios entroidos coincidindo co inicio das celebracións deste ano 2024. Alí destacou o valor destas celebracións que definen “a particularidade etnolóxica, social e cultural do noso territorio e que son merecedoras da maior protección posible”.

Tal e como explicou, o inicio dos trámites publicarase no DOG o vindeiro 25 de xaneiro e o expediente, que deberá resolverse nun máximo de 24 meses, “terá en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebración nas súas diferentes representacións e expresións -explicou o titular de Cultura do Goberno galego-. Sen esquecer a súa capacidade para xerar riqueza no ámbito local, fortalecer a convivencia e, por suposto, o entretemento e o xúbilo”, puntualizou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?