A Xunta recorre a Lei de Costas ante o Tribunal Supremo

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que o seu Goberno recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral. A Xunta vai pedir co recurso a nulidade do decreto.

Na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, Rueda sinalou que o seu Executivo deu luz verde a esta decisión á que xa se comprometeron cos representantes da cadea mar-industria.

O Goberno galego adopta esta decisión co obxectivo de defender a viabilidade da actividade deste sector fronte ás “medidas cada vez máis restritivas” que impón o Executivo central.