A Xunta reforzará a protección de persoas maiores e de nenos na nova campaña da gripe

1 minutes read
Archivo.

A primeira fase de vacinación comezará o luns 28 de setembro nas residencias e concluirá o próximo 31 de decembro.

Deste xeito, a previsión é que este ano as persoas a partir de 65 anos reciban a vacina de alta carga -na anterior campaña era a partir dos 70 anos- e que se amplíe en 20 centros escolares -ata os 75- e en 7.500 nenos, ata os 26.500 potenciais, os alumnos de centros educativos ata 11 anos que poderán recibir a vacina intranasal.

Despois do 28 de setembro, a seguinte data importante no calendario desta campaña será o 13 de outubro, cando comezará a inmunización infantil tanto nos centros de saúde como nos centros educativos que participen no programa piloto.

Para seren vacinadas, as persoas dos grupos diana irán recibindo unha SMS, ata en dúas ocasións, e tamén poderán ser repescadas mediante chamada telefónica.

As persoas serán citadas en base á cota de enfermería e non médico, o que prevé axilizar a xestión, defenderon, nunha campaña para a que a Xunta adquiriu 825.000 doses.