A Xunta solicita ao Goberno central que se comece a traballar no Xacobeo 2027

1 minutes read

A Xunta de Galicia solicitou ao Goberno central axilidade na preparación do Xacobeo 2027 para o que considera necesario que se apliquen as desgravacións fiscais desde 2024.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, representou ao Goberno autonómico no pleno do Consejo Jacobeo celebrado no Hostal dos Reis Católicos, onde lamentou que non se ampliaran as desgravacións neste Xacobeo 21-22 e salientou a importancia que esta medida tivo á hora de favorecer a colaboración empresarial. Por iso, de cara ao vindeiro Ano Santo, o Goberno autonómico considera fundamental iniciar este programa con antelación para estimular as achegas privadas e a captación de recursos.

Román Rodríguez referiuse ao balance positivo que deixa tras de si este dobre Xacobeo, unha posta da Xunta que conseguiu reactivar sectores estratéxicos e favorecer a dinamización económica das zonas rurais. “É necesario seguir reforzando a colaboración entre administracións para estender esa influencia positiva máis alá”, afirmou.