A Xunta solicita aos concellos axilidade na concesión das licenzas urbanísticas

1 minutes read
  • Faio co fin de acadar unha xestión eficaz dos recursos que dispón e os que xestionará do plan de recuperación da Unión Europea.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remitiu unha carta aos 313 alcaldes galegos, na que lles traslada a necesidade de aproveitar a oportunidade que supoñen estes fondos para Galicia e para o seu futuro. Sinala que é imprescindible o apoio dos concellos, non só achegando información sobre as distintas liñas de actuación aos veciños dada a súa proximidade co cidadán, senón tamén naquelas que se atopan dentro do seu ámbito competencia, como é a devandita tramitación con rapidez das licenzas urbanísticas. Tamén aproveitou para lembrarlle aos rexedores a obriga de proceder á retirada dos carteis de obra, unha vez que estas se finalicen e rematado o prazo de permanencia que determinen, tal e como establecen as Directrices da Paisaxe.