A Xunta solicitará unha Conferencia de Presidentes ante a ‘desigualdade territorial’ 

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou trasladar ao Goberno central unha petición formal para que se celebre unha nova Conferencia de Presidentes ante a “clarísima situación de desigualdade” na que queda Galicia respecto a outros territorios tras os acordos que sustentaron a investidura de Pedro Sánchez.  

Rueda lamenta o vivido na política española nas últimas semanas e asegurou que o seu deber como titular do Goberno galego é defender os intereses de Galicia fronte aos privilexios que están a recibir outros territorios. “Galicia non quere ser máis que ninguén, pero tampouco menos”, resaltou. Por iso, asegurou que corresponde a Xunta “pedir explicacións” ao Goberno central.

Nesta liña, asegurou que “unha das primeiras tarefas” que ten que facer Pedro Sánchez é convocar aos presidentes das comunidades para “explicar realmente os pactos, as cesións realizadas e como afectarán ao resto de comunidades”.

A Xunta xa adiantou hai semanas mediante unha declaración institucional a súa oposición a uns acordos que afondan nas desigualdades de territorios e premian as comunidades cunha mala xestión e que, pese a incumprir as súas obrigas como gobernos autonómicos, son beneficiados cunha distribución da súa débeda entre todos os españois.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?