A Xunta urxe ao Ministerio de Transportes a concretar o «como, cando e canto» das bonificacións da AP-9

1 minutes read

En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, defendeu o dereito dos galegos a recibir unha explicación de como, cando e canto van supoñer esas rebaixas e a quen van beneficiar. Porque do contrario, e tendo en conta os antecedentes, dixo, “pódese empezar a pensar que se trata dun anuncio co que se quere agochar a realidade dun dos peores presupostos do Estado para Galicia da historia”, remarcou.

Intervención parlamentaria da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A titular do departamento de Infraestruturas da Xunta sinalou que as únicas certezas deste “anuncio inconcreto” son que Audasa vai seguir gañando o mesmo e que a autoestrada Santiago-Ourense queda fóra das bonificacións.

A conselleira fixo fincapé nas principais interrogantes con respecto ao anuncio da rebaixa das peaxes. Entre eles, citou o descoñecemento sobre o tipo de viaxes que se quere bonificar, cales son os usuarios que se van beneficiar, se se aplicará a todos os condutores, ou se vai deixar fóra aos transportistas que prestan un servizo esencial.

Indicou que tamén se descoñece o significado das bonificacións supeditadas aos niveis de tráfico que xeren, e se isto pode supoñer que se vai seguir pospoñendo a liberación da peaxe de Redondela. Tampouco se sabe se o Goberno de España comezou a tramitar os Reais Decretos a través dos que debe materializar as bonificacións.