A xustiza frea a Audasa no caso dos cobros abusivos en tempada de obras

1 minutes read

O xulgado do Mercantil de Pontevedra frea as expectativas de AUDASA e apoia a demanda da fiscalía sobre os cobros abusivos nas peaxes entre Vigo e Pontevedra durante as obras.

A concesionaria pretendía que se trasladase o caso a Madrid e que se tramitase pola vía administrativa. Con todo, continúa en Pontevedra, pola vía civil. Unha boa nova para as asociacións de afectados que senten que esa decicisión reforza a lexitimidade das súas reclamacións.

Polo momento, son máis de 300 os ausuarios que se uniron a esta demanda. Buscan recuperar os cartos aboados nas peaxes durante as obras na autoestrada AP-9 de febreiro de 2015 a xuño de 2018 entre Vigo a Pontevedra. Un período en que consideran que non se prestaron os servizos polos que pagaron, propios da autoestrada, con cortes ao tráfico e atascos frecuentes.