A Xustiza de Rusia condenou este venres ao encarcerado líder opositor Alexéi Navalni, a outros 19 anos de prisión por extremismo, entre outros cargos.
O xuíz do Tribunal Urbano de Moscova, Andréi Suvórov, apenas tardou uns poucos minutos en ditar a pena contra Navalni, que compareceu na sala vestido con uniforme presidiario.
Navalni terá que cumprir a pena de cárcere con réxime especial, onde se reclúe aos presos con cadeas perpetuas. O político foi xulgado na prisión de Vladímir -a 200 quilómetros de Moscova-, na que xa cumpre unha pena de nove anos por estafa.
O opositor asegurou que non cre que saia nunca do cárcere. «A cifra non ten ningunha importancia. Entendo perfectamente, como moitos presos políticos, que cumpro unha cadea perpetua», escribiu na súa canle de Telegram.
Navalni subliñou que a condena ditada está dirixida contra todos os rusos. «É contra vós. A vós é a quen quere amedrentar e privar de vontade de resistencia.