Ábalos dimite como presidente da Comisión de Interior do Congreso

1 minutes read

José Luis Ábalos, xa reaccionou á petición da Executiva Federal do PSOE, que lle pedía “por unanimidade” que entregase a súa acta de deputado en 24 horas, algo que, de momento, non vai facer. O que si fixo foi dimitir como presidente da Comisión de Interior do Congreso.

Esta petición unánime da Executiva do PSOE prodúcese a raíz da suposta trama de comisións ilegais que afecta á súa exasesor no chamado ‘Caso Koldo’. Ademais, o PSOE impulsará unha comisión de investigación na Cámara Baixa sobre irregularidades en contratos de material sanitario na pandemia.

A investigación, denominada ‘operación Delorme’, está dirixida polo Xulgado Central de Instrución número 2 e coordinada pola Fiscalía Anticorrupción e a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. Foi decretado ademais o segredo sobre as actuacións.