Un Citroën Xsara de cor gris metalizado permanecía esta fin de semana empotrado contra un noiro no cruzamento do lugar da Gelrra, na parroquia carballesa de Noicela, xusto no enlace da estrada DP-1909 que une Carballo con Caión e ao mesmo tempo coa DP-1913 que comunica Noicela coa Laracha. O turismo ten un golpe no seu lateral dereito e outro na súa parte frontal. O peor de todo é que a metade traseira do coche invade parte dun dos carrís de circulación dificultando a visibilidade e tamén unha posible manobra de xiro na intersección. Aínda que estaba sinalizado cuns triángulos que o vento terminaría tirando, non é suficiente para percatarse da súa presenza. Dase a casualidade que neste punto xa se teñen producido varios sinistros de tráfico ao tratarse dunha zona moi concurrida sobre todo nas fins de semana ou en época estival.
20