A música electrónica invadiu na tarde noite deste sábado e madrugada do domingo os aledaños do aparcadoiro da praia carballesa de Razo no que foi unha nova cita xuvenil denominada Festiva-Razo sunset & night edition Vol.2.
Tras o éxito rotundo da primeira quedada celebrada o sábado 8 de agosto, este sábado 22 non foi menos. A cita estaba servida cun cartel de djs de moi alto nivel.
Polo escenario da macro disco móvil Impacto foron desfilando desde as sete da tarde Afrolat, Nyan Boe, Sote, Omycid, Rafa Astray, Adrián Gold e o vigués Dj Charlie. Cada cal fiel ao seu estilo foi movendo ao ritmo da música aos centos de incondicionais que se deron cita para a ocasión na pista de baile improvisada na entrada á praia de Razo.
Este non será o último festival, en breve, a organización confirmará o que será un peche de tempada cun novo cartel de luxo, case elaborado, e que se os elementos meteorolóxicos non o impiden, seguro será un novo éxito.