Abascal, investigado por falar de ‘colgar dos pés’ a Sánchez

1 minutes read

A Fiscalía do Tribunal Supremo acordou abrir dilixencias contra Vox e o seu presidente, Santiago Abascal, pola súa “clara incitación directa ao odio e a discriminación” despois de que o dirixente declarase ao diario arxentino ‘Clarín’ que “haberá un momento” no que o pobo quererá “colgar dos pés” ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Así consta nun decreto asinado pola tenente fiscal do Tribunal Supremo, María Ángeles Sánchez Conde, datado o pasado 10 de enero. A decisión do Ministerio Público responde á denuncia presentada polo PSOE o pasado 13 de decembro, na que alegou que as palabras de Abascal mentres se atopaba en Arxentina, así como as marchas violentas na sede de Ferraz no marco da investidura de Sánchez e en contra da amnistía, “xustificaban o uso da violencia contra o presidente” e “atacaba ao pensamento político socialista”. Aquelas marchas, como destacou a denuncia, estaban convocadas por Revuelta, unha asociación xuvenil vinculada a Vox.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?