Abegondo (benxamín) e Los Tigres (alevín) son os equipos campións da proba de Ferrol da Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa, que se celebrou esta fin de semana na Praza da Constitución.
Na última xornada disputáronse as finais, para decidir ao gañador desta proba, que ademais representará a Ferrol na Gran Final de Camariñas. Na categoría benxamín os finalistas foron Abegondo y Los Otros, con triunfo final para os primeiros. Mentres, na categoría alevín, Los Tigres impúxose a Breamo, nun partido moi igualado que foi á prórroga.
Desta forma, chegouse ao final de tres días de moito balonmán, convivencia, xogos, sorteos e algún baile, nos que non só participaron os nenos e nenas senón tamén os pais e nais que estaban na bancada.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a deputada provincial Ana Lamas foron os encargados de entregar os galardóns ás gañadoras e gañadores desta fin de semana.