30
Abel Caballero envioulle unha carta ao presidente da Xunta con trinta e unha reclamacións, destacando sete como urxentes. Entre elas, que a Xunta retire a candidatura das Illas Cíes e Parque das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade e que a Administración autonómica derrogue un artigo da Lei de transporte interurbano que, segundo o alcalde, obriga o Concello a pagarlles o autobús a residentes de fóra da cidade.