- Para optar a estas bolsas, é indispensable estar empadroado en Muxía
O Concello de Muxía abre o prazo para solicitar as bolsas de carácter económico para a adquisición de material escolar para familias do municipio. A administración local contempla esta partida dentro do Plan de Reactivación Económica e Social da COVID-19, para paliar os efectos negativos da crise sanitaria provocada por esta enfermidade.
Para optar a estas bolsas, é requisito indispensable estar empadroado en Muxía, tanto a persoa escolarizada como a persoa solicitante. Promoverase, para facer a xestión, a sinatura electrónica. O prazo de presentación rematará o 20 de xullo, e as bases poden consultarse aquí.
O alcalde, Iago Toba, sinalou que «o comercio local implicouse moito con nós para impulsar estas bolsas, e desde o Concello agradecemos a súa iniciativa».