Aberto o prazo de inscrición para os Cursos Intensivos de Natación de Verán en Carballo

1 minutes read

Xa está aberto o prazo de inscrición para os Cursos Intensivos de Natación de Verán que impartirá a A.D. Fogar na Piscina Municipal Carballo Calero en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. A programación deste verán contempla dous cursos intensivos relacionados coa práctica da natación en niveis de iniciación e mellora; un deles dirixidos a nenos/as nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019 e outro a nenos/as nados/as nos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, que non sexan socios/as do clube cunha oferta total de 18 prazas. Os cursos desenvolveranse entre o 26 de xuño e o 28 de xullo ao longo de cinco semanas cunha frecuencia semanal de dous días e sesións de 45 minutos en horario matinal de 12:45 a 13:30 horas. As inscricións pódense facer cumprimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederase co pagamento, información que atoparedes tamén no mesmo formulario. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?