Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia. Estas listas son utilizadas para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos, entre outros, en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como intérprete da lingua de signos.