Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Cee

1 minutes read

A Escola Municipal de Música de Cee acaba de abrir o prazo de matrícula para o curso 2020 – 2021 que estará operativo ata o 20 de setembro. Este curso 2020 – 2021 a Escola de Música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.

Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas. A matrícula é de 20 € e os horarios quedarán fixados en outubro.

A inscrición efectuarase en modelo normalizado ao dispor dos interesados nas oficinas do Concello de Cee e na páxina web: www.cee.gal, presentarase debidamente cuberto, no Rexistro da Corporación en horario de 09:00 a 13:30 h. ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.