33
A partires deste vindeiro mércores, día 25 de outubro, queda aberto o prazo de preinscrición para a 12 edición da Escola Ambiental de Senda Nova- Concello de Carballo.
Ambas entidades queren poñer en marcha unha nova edición dun dos seus proxectos máis ilusionantes, que ten como protagonistas á rapazada carballesa.
A Escola Ambiental non deixou de crecer en participación e mantén unha aposta continuada ano a ano dende que naceu. Deste xeito foron máis de 30 participantes nalgunha das sesións da pasada edición, tendo unha actividade continuada con 25 rapaces/as carballeses/as.