Aberto o prazo de solicitude de axudas para apoiar o emprendemento en Galicia

1 minutes read

Con esta liña, a Administración autonómica busca impulsar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á mellora da súa competitividade.

Poden optar a estes apoios dende este luns ata o 28 de xuño de 2024 os seguintes colectivos que se constitúan ou estean dados de alta e iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022: persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego.

As achegas ás que poden acceder van dos 3.000 € aos 30.900 € (en función da magnitude do investimento realizado) para dar cobertura, entre outros, a gastos vencellados co proxecto empresarial en materia de equipamento  informático, eficiencia enerxética, equipamento e mobiliario, ou na reforma das instalacións.

Como novidade nesta convocatoria fináncianse os gastos notariais e/ou rexistrais directamente relacionados coa actividade subvencionada que sexan indispensables para a súa axeitada preparación ou execución, cun máximo de 300 € por persoa beneficiaria. Tamén os gastos de aluguer correspondentes ao local ou centro de traballo no que se realice a actividade subvencionada cun máximo de 600 € por persoa beneficiaria.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?