Aberto o prazo de solicitudes para a contratación dun técnico de turismo en Camariñas

0 minutes read
  • O contrato será a tempo completo e terá unha duración de 3 meses

O Boletín Oficial da Provincia publicou este venres a apertura do proceso de contratación dun técnico para a oficina de turismo do concello de Camariñas. O contrato será a tempo completo e terá unha duración de 3 meses.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 12 de xullo.

Consulta aquí as bases.