Aberto o prazo para participar na cuarta edición do programa Xuventude Mentoring

1 minutes read

Quedou aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, destinado á inserción laboral de mozas e mozos de entre 18 e 30 anos. Esta nova convocatoria conta cun máximo de 250 prazas e ofrece asesoramento, titorización individualizada e actividades para impulsar a súa rede de contactos. As solicitudes poderán enviarse ata o 18 de setembro a través do formulario da súa páxina web.

Xuventude Mentoring vai xa na súa cuarta edición e nel levan participado preto de 430 mozos e mozas, todos eles titulados universitarios ou de formación profesional. A través desta iniciativa, ao redor da metade das mozas e mozos conseguiron traballo e case o 20% están a ampliar a súa formación a través de prácticas e estudos de posgrao.