36
- A presentación de solicitudes poderá realizarse ata o 12 de abril incluído
As persoas interesadas en renovar ou solicitar un novo ingreso na escola infantil de Camariñas xa poden presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo abriuse este mércores e finalizará o 12 de abril, incluído.
As solicitudes tamén poderán recollerse na escola infantil Galiña Azul de Camariñas en horario de 08:30 horas a 10:30 horas, preferiblemente pedindo cita previa no 981 736 104 ou 665 134 012.
Máis información aquí.