32
Esta actuación, cun investimento de 4,4 millóns de euros, suporá a conexión da zona empresarial de Morás coa A-6 e a AG-55, a través do novo enlace situado na estrada AC- 551, entre a saída da autoestrada de Carballo e a glorieta de Sabón.
O obxectivo deste proxecto é mellorar a accesibilidade e reforzar a competitividade do parque empresarial para convertelo nun polo de creación de emprego e riqueza na área da Coruña.
A finalización completa está prevista para o mes de maio, na actualidade xa están executados o movemento de terras, así como as estruturas e a drenaxe. Tamén se aproveitou o descenso da mobilidade motivado polo estado de alarma para estender a maior parte da capa de rodadura do firme.