Escola Basket Xiria abre o prazo de inscrición para o “8º Día do Pequebasket”

1 minutes read

Escola Basket Xiria espera volver a reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a centos de nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do ‘8ª DIA DO PEQUEBASKET‘ avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o venres día 6 de Maio e as solicitudes tramítaranse directamente dende o seguinte enlace:

Dende a organización, Escola Basket Xiria, facilítanse os seguintes contactos para información e dúbidas, e tamén podedes resolver calquera aclaración contactando co;

  • 607 847 925 (Arturo Ferraces)