Abre o prazo para que os centros educativos se incorporen aos Programas de Plurilingüismo

1 minutes read

Os colexios e institutos interesados poderán presentar as súas candidaturas ata o 30 de abril a través da aplicación habilitada ao efecto no Portal Educativo.

No caso dos que desexen incorporarse á Rede de Centros Plurilingües de Galicia, deberán presentar o proxecto de desenvolvemento do programa plurilingüe en cada un dos cursos da etapa para a que se propoña, Educación Primaria ou Educación Secundaria Obrigatoria, con indicación do curso ou cursos de aplicación no ano académico 2023-2024 e planificación da extensión na etapa nos seguintes anos académicos. Os centros que xa forman parte da rede nunha das etapas poderán tamén solicitar incorporar a outro, se así o desexan. Conforme co establecido na normativa en vigor, poderase impartir na lingua estranxeira de elección ata un terzo do horario lectivo.

Os colexios que soliciten participar no programa Pluriinfantil deberán formar parte da Rede de Centros Plurilingües na etapa de Primaria. Os centros plurilingües comezarán a impartir o programa no primeiro curso do segundo ciclo da Educación Infantil e desenvolverano ao longo desta. Con todo, os centros que así o desexen, poderán implantalo simultaneamente nos tres cursos do segundo ciclo de Infantil.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?