Abre unha convocatoria para financiar a presenza de 35 empresas na Culturgal

1 minutes read

Trinta e cinco empresas do sector cultural participarán na Culturgal grazas ao apoio da Deputación da Coruña que contratará directamente os espazos expositivos para poñer á disposición de librarías, editoriais, produtoras, compañías de teatro ou discográficas, entre outras. A Feira, cita anual do sector cultural galego, abrirá ao público xeral o sábado 28 e o domingo 29 de novembro reservando o venres 27 para o público profesional. Esta nova iniciativa da área de Cultura da Deputación da Coruña ten como obxectivo «contribuír a que, neste momento de crise, as empresas do sector poidan participar na Culturgal que é xa unha cita de referencia no calendario anual do sector e, de maneira especial, unha oportunidade de facer negocio e promocionar os seus produtos culturais», sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.