Abren as inscricións no Pequetrail e Trail de Lousame 2022, que terán lugar en decembro

1 minutes read

O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións no Pequetrail, Trail de Lousame 2022 e Andaina Solidaria / Belén de Cumes, tres iniciativas deportivas que terán lugar o sábado 3, o domingo 11 e o sábado 17 de decembro, respectivamente. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web www.emesports.es.

O Concello de Lousame oferta un total de 600 prazas para o Trail de Lousame 2022, que terá lugar o domingo 11 de decembro co polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra como punto de inicio e final. Haberá dúas modalidades: Trail Longo (18 €) e Trail Curto (15 €).

O sábado 3 de novembro, será a quenda dos atletas máis novos, nados entre os anos 2005 e 2017. Neste caso, a inscrición é totalmente de balde, cun límite de cen participantes. A proba desenvolverase na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes.

O Trail Longo terá unha lonxitude de 25,8 km, cun nivel de dificultade medio alto e cun desnivel acumulado aproximado de 1.115 metros de desnivel positivo e de 1.119 metros de desnivel negativo. A saída será ás 10:00 horas e contarán con tres avituallamentos. Pola súa banda, o Trail Curto contará cunha distancia de 16,8 km, cun nivel de dificultade medio-baixo e cun desnivel acumulado aproximado de 642 metros de desnivel positivo e de 643 metros de desnivel negativo. A saída terá lugar ás 11:00 horas e contará con dous avituallamentos.