Acadado o obxectivo de vacinación antigripal en maiores de 65 anos

Archivo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  anunciou este sábado que xa se superou o obxectivo de vacinación antigripal fixado polo Sergas en maiores de 65 anos. Segundo dixo, chegouse ao 75,3 % dese grupo de idade, e nos de máis de 60 as medias son superiores aos do pasado ano. O conselleiro de Sanidade prevé que nunha semana se chegue en Galicia ao pico de gripe aínda que admite que o comportamento deste ano é diferente ao doutros. Por este motivo insiste na necesidade da prevención, coa vacinación contra a gripe de adultos e a pediátrica, e tamén coa preparación xa existente -asegura- nas áreas sanitarias cos distintos plans de continxencia.