ACADAR busca mulleres con discapacidade para participar no servizo de Inclusión e Transición ao Emprego

2 minutes read

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), conta cun servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade coas que traballa de xeito individual a través do deseño de itinerarios personalizados e adaptados ás súas necesidades, capacidades persoais, laborais e sociais, co fin de mellorar a súa autonomía persoal, participación e inclusión social e laboral.

No que vai de ano participaron neste servizo 23 mulleres procedentes dos concellos de Allariz e O Carballiño e, para este final de ano, vai estender este servizo a mulleres dos concellos de A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.  As interesadas en participar, poden contactar coa entidade ACADAR no teléfono 674 073 092 ou a través do correo electrónico info@acadar.org

O servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade ten tamén como aspecto relevante o reforzo entre iguais, coa creación de redes de apoio a través da participación en grupos reducidos, en obradoiros de competencias para o emprego e sobre o uso das TIC como ferramentas innovadoras para a procura de emprego. 

Este servizo conta coa cofinanciación da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, das persoas que marcaron o recadro 106 na declaración da renda, coñecido como X Solidaria.

Asociación ACADAR

Nace en 2009 para promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade para a súa plena inclusión e participación en todos os ámbitos mediante programas dirixidos a toda a sociedade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?