Accidente de tractor en Santa Comba

0 minutes read

En Santa Comba, un home resultou ferido ao quedar atrapado por unha perna baixo o tractor que manexaba no lugar de Castriz.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaban os profesionais sanitarios na súa comunicación, mobilizaban un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido.

Deseguido, desde o CIAE 112 Galicia deuse conta da situación da persoa aos Bombeiros de Xallas, á Policía Local, a Protección Civil da localidade e á Garda Civil.