38
Este luns, ás dúas da tarde produciuse un accidente de moto na estrada AC-418 que une Carballo con Malpica. O sinistro tivo lugar na intersección da rotonda existente no lugar de Filgueira. A moto chocou cun coche e o motorista, como era de esperar, levou a peor parte tras saír despedido. Ao lugar acudiron os membros do GES de Ponteceso, a Policía Local de Malpica e a Garda Civil de Tráfico, ademais dunha ambulancia do 061 que trasladou ao motorista ferido ao hospital.