Accidente múltiple na Baña con oito vehículos implicados e tres feridos

1 minutes read

O accidente ocorreu ao fío das 08:00 horas deste luns na DP-0702 e foron os propios profesionais dos servizos sanitarios quen chamaron ao 112 Galicia para informar do ocorrido. Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Santa Comba e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. O tráfico estivo cortado unha hora á altura da Baña por este choque en cadea no que se viron implicados oito vehículos. Un dos carrís estivo a metade da mañá inoperativo ata que retiraron un camión cisterna da cuneta. Os feitos producíronse nun cambio de rasante no quilómetro 20 a altura do concello da Baña o intenso frío converteu a choiva en neve e o asfalto nunha pista de patinaxe. Un coche saíuse da estrada, varios vehículos, uns seis, conseguiron parar. Outros que chegaron despois esquiváronos pasando polo carril esquerdo. Pero despois apareceu un camión cisterna e comezou a desfeita en cadea. Oito turismos resultaron dañados e tiveron que esperar polo guindastre para ser retirados.