Accidente de tráfico en Quintáns, Muxía

0 minutes read

Unha saída de vía na estrada AC-440, en Quintáns (Muxía), provocou que un coche levase por diante dúas sinais, unha de tráfico e outra de obras no lugar. Afortunadamente o condutor resultou ileso.

O sinistro produciuse pasadas as 23:00 horas deste venres.

No operativo interviñeron efectivos do 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Muxía