Achan os restos dun cadáver en Monesterio, o pobo onde desapareceu Manuela Chavero

Imaxe Garda Civil
  • A Garda Civil detivo o pasado xoves a un veciño da localidade pola desaparición da vítima no ano 2016

Axentes do Equipo Central de Inspeccións Oculares (ECIO) do Servizo de Criminalística da Garda Civil e do Servizo Cinolóxico acharon restos dun cadáver en Monesterio (Badaxoz) que poderían corresponder ao corpo de Manuela Chavero, desaparecida en xullo do ano 2016.

Este pasado xoves axentes da Garda Civil detuveiron a E.D.H., un mozo de 28 anos e veciño de Monesterio, pola súa presunta relación coa desaparición da muller.