32
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, visitou o polígono industrial do concello para anunciar un investimento de máis de 88.000 euros para cofinanciar o acondicionamento da saída de pluviais do sector de solo urbanizable industrial S-03 e S-04. A actuación consiste na instalación dunha tubaxe de pluviais cos seus correspondentes pozos de rexistro. Esta iniciativa contribúe a garantir a seguridade e a calidade do servizo, atendendo así ás demandas das empresas afincadas no polígono industrial.