Acordo entre o BNG e ANOVA de cara ás vindeiras eleccións galegas do 18F

1 minutes read

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta polo BNG, Ana Pontón, e o portavoz nacional de ANOVA, Martiño Noriega, asinaron o acordo de colaboración entre ambas organizacións de cara ás vindeiras eleccións galegas do 18F, un pacto que ámbolos dous coincidiron en cualificar como un “acto de responsabilidade” con Galiza e coa cidadanía que quere cambio.

A líder nacionalista incidiu en que “este é o momento de multiplicar, non de dividir” para poñer en marcha un cambio de ciclo en Galiza no que a clave pasa por “unir arredor do BNG todo ese voto que quere derrotar as políticas do PP e abrir un tempo novo no País”, polo que agradeceu a ANOVA e ao seu portavoz nacional a súa “capacidade de diálogo, a súa actitude construtiva e a súa altura de miras”, nun momento que considerou “decisivo”.   

Nesta mesma liña se pronunciou o portavoz nacional de ANOVA, Martiño Noriega, quen afirmou que “estamos a facer o que a xente nos pedía que fixeramos”, e para quen a “declaración de vontades” asinada hoxe supón “unha aposta de futuro e de presente” nun momento en que “o cambio é urxente”. “É moi importante que a partir do 18F teñamos unha presidenta á fronte das institucións, para dignificalas e poñelas ao servizo da xente e non contra a xente, para impulsar políticas que transformen a realidade do día a día”, asegurou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?