A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comeza a últimas horas da xornada deste mércores con vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros no oeste, suroeste e noroeste da costa coruñesa e en todo o litoral de Pontevedra. Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
25